España con guadaña

En este Blog cuento algunas cosas que se refieren generalmente a lo que a mi me da la gana que para eso están los blog. Está claro que nuestra sociedad está podrida de opulencia y se ha convertido en algo asi como una escuela infantil de niñitos llorones y pedigueños que patalean a la menor frustración. Yo estoy en contra de los llorones y no me vale esa recurrente manía de echarle la culpa al otro. Como veis soy guay.

Name:
Location: Santiago, A Coruña, Spain

Tuesday, April 28, 2009

Meiciña baseada na evidencia

-Bos dias Manuel


-Bos dias Paco


-E dixeronme que estiveches mal


-E quen cho dixo


-A tua muller que a atopei diante da carnecería.


-Pois a min na carnecería si que non me vas ver...


-Seguro; ¡se ti nunca fuches a carnecería nin a mercar nada en ningún sitio!


-Pois agora menos.


-E logo porqué?


-Agora xa non poido comer carne


-¡Arre demo e logo sacaronche os dentes ou qué?


-Non home non,é que teño un pouco de gota.


-Gota, e ¿qué é a gota? algo asi coma un orvallo ou unha arriada...


-Estás parvo Paco, a gota é unha enfermidade, díxome o médico que se produce por un "acúmulo del ácido úrico en los tejidos"


-Oes Manuel. que boa cabeza tes, acórdaste de todo o que che di o médico. Eu cando me fala D. Epifanio non entendo un carallo.


-Ti sempre foches un pouco besta, e claro, D. Epifanio e ainda un mozo e fala por iso algo estarricado, coma aqueles que se queren dar a valer - que D. Epifanio valer vale porque acertar acerta bastante ben- e dinche cousas moi complicadas que non se entenden, e ti menos. Pero a D. Avelino a ese si que o entendes ¿ou non?


-Hai si, a D. Avelino si que o entendo, pero tamen e porque non fala moito.

Un día fun a él porque me doia unha moa, ti xa sabes que sempre fun delicado da dentamia, e tiña un inflamón da ostia, doía, doía que nin o demo, asi que fun aló. Cheguei, mirou pra min a denantes de que lle falara dixome: Senta ahí-sentei- abre a boca- abrina- cal che doi- "A eunda a aixo". xa vexo. Agarrou os alicates, prendeu na moa e ¡ras! fora o bicho. ¡Arrincouma sin anesteria nin nada e non me doeu de tan súpeto que o fixo!. Sangrei coma un porquiño pero pasoume o dor e quedei novo. Lava a boca-díxome- en non comas dese lado en dous día e ¡o carallo, asunto solucionado! É un médico moi bó, e serio; se está de malas hai que oílo se lle vas con unha comenencia, bótache unha bronca que te deixa teso.


-Si que é bo médico, sempre co a sua xarabata e a camisa branca, limpa coma unha lua chea, co seu chambergo e o seu andar lixeiro...un bo médico si señor.


-Bueno pero conta o do teu mal o da pingota.


-A gota, a gota. Pois nada, foi que un día empezou a me doer un dedo gordo do pe, e como a dor era tal, xa non aguantei mais e fun a urxencias do Hospital.


-E que tiñas no dedo...


-Cala óh, escoita. chegei alí e despois de facer os papeis, levaronme nun-a silla de rodas e meteronme nun-a habitaciónciña que tiña unha cortina no meio e deiteime na camilla. Os sitios ese chamanlle "cobículos" según lle oin decir a enfermeira: meteo no cobículo 13, asi que meteronme no cobículo se conoce que para que estivera tranquilo. Logo veu un mociño e escomenzou a perguntarme unha chea de cousas.


-¿E o dedo, que che dixo do dedo..?


-Cala home, a cencia hoxe non é coma antes, hoxe fanche unha historia clínica, entendes, é dicir, queren saber se teu abó era diabético e si tua nai tuvo mais fillos e cousas así...


-Pero para que carallo queren saber esas cousas se solo che doi o dedo gordo do pé?


-Hai que facer pruebas, antes che curaban sin saber o que tiñas, chegaba o médico e recetabache unha medicina pero non che dicia nada do que tiñas. Agora hai que facer analís e radiografías ou "placas" dito tenicamente...


-Pero tí rabeabas de dor.


-Si home, pero mira, se ti matas o dor sin facer analís, jodíchela porque pasado o dor pasou a romaría, ¡xa non descubres o orixen do dor e claro non fas un tratamento axeitado! Asi que me tiveron alí con un dor no dedo que parecia que mo aserraban e me fixeron un analís de sangue, outro dos ouriños, unha "placa" do peito- eles chamanlle toras- e un elétrico o corazón.

O cabo de 4 horas veu un rapas diferente ainda mais novo con outra rapaza do seu tempo que eran médicos pero chamabanlle "residentes", se conoce que os probes deben vivir ali no hospital, e me esplicaron que tiña que ir o cardiólogo que seica tiña unha arritmia no corazón, e que podía ser peligroso.

-Como de peligroso.


-Pois que me podía dar un ataque o corazón e que tería que tomar unhas meiciñas pra eso. Oes, cando mo dixo foiseme o dor do dedo de súpero e en efeto notei que o meu corazón ía coma un cabalo desbocado, púxenme tan nervioso que me dou un mareo e ganas de devolver cousa que fixen no miesmo piso do cobículo en na sábena que puxeran por riba. A enfermeira veu correndo e púxome unha mascarilla con oxíxeno, se conoce que tiña mala cara ; tiña un suor frio e un medo...coidei que moría


-E despois que pasou?


- Pois como estaba tan nevioso empecei a dar aies e voltou correndo o rapaz e a rapaza e dixeron que me vixiasen as "costantes vitales". Aquelo xa foi moito, porque a min que me anden a vixiar as costantes ainda que sean vitais xa me jode, oes, que hai que ter un pouco de respeto ¿ou non?


-Pero Manuel ¿qué son as costantes vitais?


-¡I eu que sei! pero a cousa é que a min non me vixía nin dios, nin que fora un preso carallo.


-Pero ¿e que pasou co pé?


- Pois que despois quedei dormido e as 7 da mañan, espertei e vin que tiña un suero e un ralmallo de fios saindo do meu peito e uns aparatellos coma televisions que tiñan unhas ondiñas de cores que parecía todo como se fora eu un astronauta...


- ¿E todo iso donde cho fixeron?


- Pois na UCI, que é a unidade de coidados intensiva para que aprendas. É un sitio qen que non paran de facerche cousas, cada dous minutos estan ali mirando esto e aquelo...


- Logo puxecheste mal de coidado...


-Xa che digo de coidado intensivo... Logo dormin hasta o día seguinte sin parar, deberonme poñer sedantes porque non me lembro de nada.


-¿E canto tempo estiveches ali?


-Pois duas semanas, primeiro tiven fiebre, despois viron que tiña una pulmonía e puxeronme antibióticos, e tamen unha infección dos ourtiños...


-O do pulmón é por fumar Manuel ...


-Cala ti, cala que ti fumas dous paquetes de Ducados e bebes por sete.


-Pero eu non teño gota. nin pingota.


-A cada porquiño lle chego o seu sanmartiño.


-Bueno non pelexes, ¿e despois qué.?


-Pois que por fin déronme a alta e voltei prara a casa, con 10 quilos de menos e vivo de milagre, porque ali descubrironme unha chea de cousas que tiña e eu non sabía.


-Coma qué...


-Pois que son medio diabético, que teño o fígado graso, que teño enfisema, unha arritmia, a próstata e que estou moi gordo.


-Pois si que tes cousas aparte da gota.


-Si, todo eso aparte da gota, que por certo nin me dixeron nada do asunto e foi de volta a casa D. Avelino o que me dixo o que tiña e doume tratamento. Díxome: Ti tes gota Manuel que carallo fuches a facer a urxencias.



-E agora como vas.



-Pois vou dun lado pra outro cos especialistas, estame a ver o endocrinólogo, o urólogo, o dietista, o hepatólogo, o cardiólogo o neumólogo, o rehabilitador e vou a Taichi e os baños de Cuntis...Non paro ni un instante e tomo un cento de pastillas...



-Bueno pero con tantos especialistas estarás moito millor.



-¡Que va, o que estou e mais liado e mais jodido, antes estaba como dios.



-¡Entón?



-Mira Paco, hai que estar o dia D. Avelino e da época da medicina tradicional, dos antigos vaia, e agora os médicos están moi adiantados e fan a "meiciña basada na evidencia" que o mais moderno..



-¡Ai que joderse!

0 Comments:

Post a Comment

<< Home