España con guadaña

En este Blog cuento algunas cosas que se refieren generalmente a lo que a mi me da la gana que para eso están los blog. Está claro que nuestra sociedad está podrida de opulencia y se ha convertido en algo asi como una escuela infantil de niñitos llorones y pedigueños que patalean a la menor frustración. Yo estoy en contra de los llorones y no me vale esa recurrente manía de echarle la culpa al otro. Como veis soy guay.

Name:
Location: Santiago, A Coruña, Spain

Sunday, November 06, 2011

MEICIÑA BASADA NA EVIDENCIA

MEICIÑA BASADA NA PROVIDENCIA
2009

- Bos días Manuel.
- Bos días Paco.
- ¿E dixeronme que estiveras malo?
- ¿E quen cho dixo?
- Pois foi a tua muller que a vin onte na carnicería.
- Pois dende logo na carniería a min non me vas ver, non.
-¡Home eso seguro, se ti non fuches a mercar nada na tua vida!
- Pois agora menos.
-¿E logo porqué?
- Porque agora xa non podo comer carne.
- ¡Arre demo, elogo caíronche os dentes ou que demo!
- Non home non, a gota, teño a gota.
- E que demo é a gota, unha especie de orvallo ou que?
- Estás parvo Paco, a gota e unha enfermedade, díxomo o médico que é un “cúmulo de ácido úrico”.
-Oes, sempre me admirou a cabeza que tes para acordarte de esas palabras raras que din os médicos, eu cando me fala D. Epifanio non entendo un carallo.
- Ti sempre fuches algo besta, e claro D. Epifanio ainda é mozo e fala algo estornicado, coma aqueles se queren dar a valer e dinche cousas moi cultas que non se entenden.
-Hay si, a D. Avelino si que o entendo pero tamen é porque non fala moito. Un día doíame unha moa, ti xa sabes que sempre fun moi delicado da dentamia, e tiña a cara hinchada cun inflamón da hostia. Doía, doía que nin o demo, non paraba de doer, asi que fun aló xunto a D. Avelino. Cheguei, mirou para min e antes de que lle falara díxome: ¡senta ahí!- sentei- ¡abre a boca! Abrin.¡cal che doi! Díxome mentras me daba uns golpiños nas moas. ¡A seuuunda daa aaaixo!
Colleu os alicates prende a moa e ¡ras! Fora o bicho.
Sangrei coma un porquiño pero pasoumo o door e quedei novo.
Lava a boca-díxome- e non comas dese lado en dous días.
O D. Avelino é un médico moi bo. E serio ¡carallo! Se está de malas hai que oílo, como vaias con unha carallada bótache unha bronca que te deixa teso.
- Si que é un bo médico, dimo a min, e ademáis que señor vai él, sempre co a sua camisa branca e xarabata e chambergo.
-¿e que é un chambergo?
- O sombreiro Paco, hai que pouco instruido es…
- Bueno pero conta o do teu mal o da “jota”
- Pois nada, a cousa foi que un día empezoume a doer o dedo gorgo do pe, un door tal que nin a sábena lle podía tocar, de tal xeito que tiven que ir a urxencias do Hospital…
- E que tiñas no dedo…
- Cala oh, escoita, cheguei ali, meteronme nunha habitación con cortinas, se conoce que para que estivera tranquilo e perguntaronme unha che a de cousas.
- E miraronche o dedo ou non?
- Cala home, a cencia hoxe non é coma antes, hoxe fanche unha historia clínica, entendes, e dicir, queren saber si teu abó era diabético, e si tua nai tuvo moitos fillos, e se están sanos e asi.
- Pero para que carallo queren saber desas cousas se solo che doi un dedo do pe.
- Hai que facer probas Paco, antes curabante sin saber o que tiñas, chegaba o médico mirábate por riba e recetábache pero non che explicaba nada do que tiñas; agora hai que facer análisis, radiografías (que seica se chaman técnicamente “placas”)…
- Pero ti rabeabas de dolor.
- Si home, pero mira, si ti matas o dor sin facer análisis, jodíchela porque pasado o dor pasou a romaría, xa non descubres o orixen da dor e claro non fas un tratamiento axeitado. Así que me tiveron ali, con un dor no dedo que rabeaba, e me fixeron un analis da sangre, dos ouriños, unha placa do peito (eles dinlle “placa de torax”) e un eléctrico o corazón.
- O cabo de 4 horas veu un rapaz novo, que che son uns aprendices que lle chaman residentes e me dixo que me tiña que ver o cardiólogo que seica tiña unha arritmia no corazón e que era perigroso.
- Como de perigroso.
- Que me podía dar un infarto ou un paro do corazón. Oes, foíseme o dor do dedo de súpeto e en efeto sintín o corazón coma un cabalo desbocado polo monte, púxenme tan nervioso que me viñeron ganas de devolver e de feito jomitei. Veu a enfermera correndo limpoume a boca e púxome unha mascarilla con osixeno se conoce que me viron con mala cara…
- ¿E despois que pasou?
- Pois como estaba nervioso empecei a dar aies e voltou o rapaz de antes e díxolle a enfermeira que me vixiaran as constantes vitais. Aquello xa foi moito, a min que me vixien as costantes vitais xa me jode, oes, hai que ter un pouco de respeto joder!
- Pero Manuel, ¿Qué son as costantes vitais?
- I eu que sei, pero a min non me ten que vixiar ninguen ¿ou qué?
- Para, ¿e que pasou co pe?
- Pois que despois quedei dormido e as 7 da maña espertei, puxeronme un soro, tiña un ramallo de fios saindo do peito e había uns aparatiños coma de televisión que tiñan unas ondiñas de cores que subían e baixaban, eu parecía mesmo un astronauta. Estaba na UCI que é donde levan a os que están ben jodidos. Non paran de facerche cousas, cada dous minutos miran os aparatiños, tómanche a tensión, míranche os ollos cunha luciña…
- Ou sexa que te puxeches mal de coidado…
- Eu non sei, pero decíanme que durmira, que tiña que descansar; deberonme de dar sedantes porque dormía todo o día.
- E estiveches moito tempo ali…
- Pois case que douas semanas porque apareceume fiebre, seica tiven unha infección o pulmón, puxeronme antibióticos e de todo.
- Eso é por fumar Manuel…
- ¡Mira que fala que debes fumar duas cajetillas de Ducados o día!
- Pero eu non teño gota nin pingota.
- A cada porco lle chega o seu S. Martiño.
- Bueno, bueno…e despois qué…
- Que me deron a alta, voltei para casa, e estou vivo de milagre porque ali miraronme tan ben que me descubriron unha chea de cousas que non sabía que tiña.
- ¿Coma qué?
- Pois que son medio diabético, que teño o fígado graso, que teño enfisema no pulmón, e unha arritmia o corazón, hipertrofia de próstata e que son obeso.
- Pois si que tes cousas, aparte da “jota”
- Si, aparte da gota, que por certo non me trataron nin me dixeron nada, a o final foi D. Avelino o que me dixo: Pero a que fuches a urgencias oh, si ti o que tes é gota. Os outros nin palabra desto. Doume unha pastillas e hala.
- E que che dí D. Avelino agora.
- Pois non me di nada, porque ando de un lado para outro cos especialistas, vou o urólogo, o endocrinólogo, o dietista, o cardiólogo, o neumólogo, a rehabilitación, Tai-chi e os baños de Cuntis. Non paro ni un minuto.
- Pero estarás moito millor…
- Que va, o que estou é mais liado, antes estaba como Dios…
- Enton?
- Mira Paco, hai que estar o día, D. Avelino está anticuado, é da época da meiciña tradicional, os médicos de agora están nunha etapa que se chama a Meiciña basada na “providencia” que é o mais moderno, díxomo o rapaz aquel que me atendeu ó primeiro. Por certo que parecía moi listo.
- Será

J.L.IGLESIAS DIZ

0 Comments:

Post a Comment

<< Home