GALESCOLAS

Chámabanlle "Galescolas" (Escuelas de Galicia), agora nun alarde de virtuosismo conceptual e lírico-patético chámanse "A galiña azul" (manda ca...). O cambio é disque por a politización e ideoloxización que o nome supoñía. Non conozo pobo, ou non teño memoria de un pobo que tendo unha lingua propia os seus políticos soio teñan vergoña dela e fagan todo-lo posibel por eliminala. Conozo gente indiferente cara o idioma galego, pero este activismo, mesmo tamén en bastante xente da rua, non deixa de ser paradóxico. Por un lado a dereita e moi afin a gaita e a larpeirada, e a esaltar a figura do paisano labrego ou mariñeiro e a sua sona retranqueira, gusta da muñeira e do cocido pero todo elo desde unha ollada paternalista e distanciada porque senón non consideraría, como parece que se entende da sua política linguistica, o galego como unha lingua de "segunda", de pobres e analfabetos que hai que ir debastando hasta que todolos galegos falen solo a lengua do imperio.
Dígovos, amo o castelán, pero amo tamén o galego e non quero que morra unha das señas de identidades mais fortes desta terra marabillosa.