España con guadaña

En este Blog cuento algunas cosas que se refieren generalmente a lo que a mi me da la gana que para eso están los blog. Está claro que nuestra sociedad está podrida de opulencia y se ha convertido en algo asi como una escuela infantil de niñitos llorones y pedigueños que patalean a la menor frustración. Yo estoy en contra de los llorones y no me vale esa recurrente manía de echarle la culpa al otro. Como veis soy guay.

Name:
Location: Santiago, A Coruña, Spain

Friday, May 12, 2006

A CONSULTA

A Consulta do Sr. Manuel


Manuel entrou no Bar Orella sobor da unha do mediodia, pensou que despois de levantarse as 6 das mañan para chegar a Hospital Xeral para a Consulta do especialista do “Curso” por unhas, supoñia él, almorranas, que de vez en cando lle daban un dolor enorme e que sangraban ultimamente a miudo, pensou digo, que xa era hora de tomar un “ribeiriño” antes de ir a comer algo; de feito ganas de comer non tiña moitas porque lle meteran un tubo por-o cú que o deixou un pouco turbado e amais anoxado do estómago; pero unhas taciñas de seguro que opoñian a tono.
Servironlle o viño rubio, bebeuno de un sorbo e suspirou o tempo que pedia outro grolo para saborear; mentras ollou o seu arredor e mirou a uns homes con traxe oscuro de bo corte, co as camisas blanquiñas e modernisimas que falaban moi animados entre eles; Manuel, non andaba moi ben do burato de abaixo pero os buratos das orellas tiñaos sempre ben limpos e ouvia moi ben; como non tiña outra cousa mellor que facer apoiou os cóbados no mostrador e axenxou.
... cuando se ha producido la pérdida de confianza de las paridades del mecanismo de cambios, el diferencial de tipos de interés no es suficiente para desear mantener activos nominados en pesetas, con riesgo de que esta se deprecie debido a la debilidad fundamental...
Manuel despois de oir esto, apurou a taza e dixo para si mismo: ¡ carallo co Ribeiro, cada dia está mais encabezado!. Pagou e foi meditando por-a Rua da Raiña e como ainda non notara que lle viña a fame entrou noutro bar e peidiu outro grolo. Desconfiado mirou arredor e o ver que estaba soio, sospirou aliviado. Cando iba saboreando a mitade da taziña, entraron uns xovens montando moito barullo; levaban os pelos longos bastante suxos e vestian zamarras de coiro, cheas de chapiñas; eran mozos e mozas co as carpetas cheas de pegatiñas baixo o brazo ( nunha delas alcanzou a ver unha muller con as tetas soberbias o aire). Os rapaces pediron viño e cervexa e falaban alto con moitas risas e por momentos coma alporizados ; Manuel púxose a escoitar de novo.
- Oye tio, el cutre de mi viejo no me dió ni medio talego, es más amarrado que un pasamanos.¡hostias! estoy hasta los cojones, siempre palmado, sin una puta pela.
- ¡ No te jode,el mio de guita no quiere ni oir hablar, asi que le jodo la pasta a la vieja si quiero para una china y a tomar pol culo.
- Que los folle un pez mecagoendios...
Manuel non esperou para tomar outra taza naquel sitio e cambiou de fonte. O cu xa non lle molestaba moito pero estaba un pouco alporizado sin saber porqué. Meteuse no Gato Negro co a intención de tomar unha tapiña de polvo ou de fígado encebolado que lle dixeran que era moi bo ali, que xa iba sendo hora. Sentou a unha mesiña e pideu de comer; na mesa do lado habia tres mozos e unha moza que tamén falaban, sin meter bulla, con xeito e moi entusiasmados, asi que de novo estirou a orella...
- ... yo no creo en el aspecto ético del arte, la polémica ética-estética me trae sin cuidado. No creo que Kandiski o Paul Klee se planteasen esas disyuntivas en su quehacer artístico; yo soy escéptico con respecto a la introspección froidiana, por ejemplo para la objectivación del arte per se, otra cosa es la mística que algunos artistas...
- No me hables de mística, es una chorrada, el artista en realidad lo que siente es una pulsión, una puta pulsión, fruto de una necesidad de hacer, no de una preconcepción, de un apriorismo teórico...
Manuel comía e bebía en silencio sen levantar a cabeza; pouco a pouco o seu maxín voltouse para tras e lembrou a conversa con médico de curso que o vira pola maña; el tiña boa memoria e recordaba palabra por palabra.
- Sr. Manuel , después de efectuar la rectosigmoidoscopia, le puedo decir que solo he encontrado pequeñas erosiones a nivel del esfinter interno, causadas por una constipación habitual, aparte de un contenido hemático residual, lógico después de de las recientes hemorragias rectales; hay por consiguiente, una proctitis con hemorroides internas susceptibles de tratamiento médico inicial...
Facía anos que Manuel non iba o médico, antes D. Avelino o de cabeceira consultarao moitas veces por os bronquios pero era a primeira vez que se achegaba a Santiago por cuestions de saude. Un fillo que traballaba nuha ferreteria da capital díxolle que non podia seguir asi, que despois non se queixara se tiña un cancro, asi que, de mala gana, ante a teima da familia, decideu acudir a Fonte Limpa para buscar remedio (se Dios quere). Foi solo, el non era amigo de compañas para cousas da intimidade, co a sua camisa branca coma neve e o traxe das festas; lustrosos os seus zapatos e lavadiño coma un neno de peito, co seu paso elegante, co corpo erguido e a mirada atenta, sin perguntar casi nada dou co a Consulta de médico i esperou a que o chamaran.
Manuel voltou o pobo no coche da linea, e mentra ollaba pola ventá como discorria o paisaxe verde e xugoso da sua Galicia pensou naquel dia que se iba ergotando e de todalas vivencias que lle foron xurdindo; sorría melancólico e senteuse algo canso; os nervos que tivera de punta todo o dia ( malia que él o disimulara) escomenzaban a afroxarse mostrando esa debilidade que ocorre despois da tensión.
Dende a parada do bus ainda tivo que andar un anaco, empezaba a chover miudo, pero él non apretou o paso, gustáballe a caricia fresca do orvallo na cara, sigueu amodo, cavilando e ollando para diante.
A sua muller xa esperaba na porta da casa porque ouvira o claxón do coche da linea; cando o seu home estivo cerca perguntoulle.
- ¿ Que tal Manuel, como che foi en Santiago, que che dixeron?
El parou, estivo un anaco cavilando sin repostar e a o final díxolle a muller.
- Decir, decir, tanto o médico coma todo Dios, non sei o que me dixeron, o que si estou seguro e que me deron po lo cu. I.Diz

0 Comments:

Post a Comment

<< Home